CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

O concerto das Letras Galegas celebrouse o día 20 de maio no instituto. Participaron neste encontro poético-musical O Leo, Mini e Mero, Tino Baz, o grupo de pandeiretas Sae a Lúa, a xove artista do Rosal Alba Rodríguez, o alumnado do instituto e os profesores Alfredo Garrido e Nuria Vázquez.
O concerto foi unha festa da música galega, que mostrou a riqueza e a variedade da nosa cultura. O público asistente, numeroso e heteroxéneo, gozou e emocionouse co espectáculo.
0 comentarios